Friday 03 de May de 2024

Deportistas e clubs coruñeses daranse cita no Campionato Galego de Atletismo


A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, participou esta mañá na presentación do Campionato Galego de Atletismo, que celebrará este sábado nas pistas do estadio da UDC a súa edición número 89 en categoría masculina e 55 en categoría feminina. As probas comezarán ás 10.00 e rematarán ás 21.00 horas. O Concello da Coruña colabora coa Federación Galega de Atletismo na organización desta proba.

Durante a xornada terá lugar unha homenaxe a Sergio Vázquez, expresidente da Federación Galega e grande impulsor do Gran Premio Cantones de Marcha, recentemente falecido. Na competición participarán diferentes deportistas da cidade entre os 350 atletas inscritos/as e ata catro clubs locais: Coruña Comarca, Coruña Riazor, Marineda e Mochila del Deporte.